Hoxe inauguramos unha nova sección que se titula: ¿SABÍAS QUE...?
¿Sabías que a dependencia ao tabaco é doada de adquirir e difícil de deixar?
¿Sabías que nun cuarto pechado onde varias persoas están fumando, o aire está máis contaminado que nun atasco?
¿Sabías que cando se é fumador resulta difícil realizar actividades físicas intensas?
¿Sabías que o tabaco move moitos cartos?
¿Sabías que o tabaco é unha droga e produce dependencia?
¿Sabías que moitos rapaces empezan a fumar ós once anos, e aos catorce xa son adictos?
¿Sabías que a publicidade do tabaco di que as mulleres ao fumar son máis independentes, máis seguras, máis atractivas... ¿ti crelo?
Pouco a pouco iremos incluíndo novas reflexións sobre todo para facer pensar.

0 comentarios:
Publicar un comentario