Obxectivos do programa:
-Aumentar a sensibilización da xente de Ribeira por temas de Saúde.
-Previr o inicio do consumo do tabaco.
-Retrasar o inicio do consumo do tabaco.
-Clarexar conceptos relacionados co tabaquisimo.
-Tomar conciencia sobre as consecuencias físicas e psicolóxicas que se derivan do seu consumo.
-Coñecer a importancia dos medios de comunicación con relación ao tabaco.
-Desenvolver habilidades manuais, plásticas e artísticas básicas, utilizando os conceptos, as destrezas e as técnicas de área de plástica para o deseño creativo do proxecto persoal, relacionando co tema de saúde: O tabaquismo
-Formular mensaxes escritos.
-Converter mensaxes escritos en debuxos.
-Desenvolver as habilidades plásticas.
-Desenvolver actitudes de responsabilidade e de colaboración, participando activamente no traballo en equipo para a realización dun proxecto.
-Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación como medio de sensibilización e motivación no tema da prevención do tabaquismo.
-Fomentar o uso das novas tecnoloxías como medio de expresión.
-Desenvolver habilidades comunicativas de argumentación e persuasión.
-Emprender accións comunicativas e actitudes de persuasión dun xeito respectuoso e ao mesmo tempo lúdico.
-Provocar unha chamada de atención e concienciación na rúa sobre o perxuízo do tabaquismo.
-Observar a incidencia do tabaquismo nun contexto real: a rúa.
12.5.08
Publicado por Anónimo
Etiquetas: obxectivos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario