Mostrando entradas con la etiqueta información. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta información. Mostrar todas las entradas

15.5.08

Como ven sabedes, o Mercores día 14 de Maio fixemos ,na praza do Concello, unha actividade titulada "Cambiamos pitillos por Chupachups".
Agradecemos a colaboración de todas as persoas que nos prestaron o seu apoio, das moitas formas que hai de facelo, sobre todo no momento de organizar, participar e realizar este tipo de actividades.
Grazas a todos.

12.5.08

Este mercores dia 14 de Maio, con motivo da proximidade da celebracion do día mundial sen tabaco, imos facer unha actividade na praza do Concello, que leva por titulo "Cambiamos pitillos por Chupachups". Con este lema xa vos podedes imaxinar de que vai.

Esta actividade está enmarcada nun programa máis amplo que levamos a cabo no noso centro educativo ao longo do curso coa realización de actividades plásticas, teatriño de monicreques, actividades informáticas (Blog), e outras actividades que culminarán o 31 de Maio que se conmemora o día Mundial sen tabaco.

Estariamos encantados de contar coa vosa presencia. Escomenzaremos sobre as 10:30, e remataremos a iso das 12:30. Xusto debaixo tendes un mapa que vos indica o recorrido que imos facer unha vez que saiamos do colexio.

Este ano contamos cun apoio moi especial por parte da DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA da CONSELLERÍA DE SANIDADE da XUNTA DE GALICIA que nos aporta a carpa, o stan e o material informativo para repartir á cidadanía.

28.4.08

¿Queres saber as causas polo que se empeza a fumar?
¿Ques saber os tipos de fumadores que hai?
Pois entra nesta páxina:
http://tabaco-tabaquismo.blogspot.com/2006/05/causas.html